SENTADO

sentado todo o día.
catro paredes amplas.
catro paredes.
nen sequera podo ollar pola xanela
o verde que asómase,
as nubes
ou a xente
(ainda que por aquí non pasen).
esta estancia é un caixon fechado
cunha boca estreita e alargada,
é un buzón para xente,
un buzón que vaime deixando sen aire,
unha xaula de moscas caladas,
un cemiterio de moscas caladas
onde o que vale é o que ten valía(=)
onde o que vale,
para min,
non vale nada.
a plaqueta esvara a suor do escravo ben pagado,
a apariencia do que é e sempre ingana…
pero non me inganades
vivides sen vida,
sen tempo,
vivides para o VOSO traballo
sen que sexa VOSO.
podo soñar,
deitarme no canto da mesa,
facer equilibrio con dúas agullas
un fío e unha formiga funambulista
e pasar así todo o día…
ollando o tempo,
o meu,
o da formiga,
o do buzón,
o dos números borrados...
sentado todo o día

0 comentarios: