aquela verdade 1

fala da introversión do meu corpo

do comezo dos conceptos imaxinados



o meu cerebro

de cunca virada

ocupado polas imaxes irreais da soidade do vento

alén da poeira que arrastra

vixía felino cada movemento

cada verba medida

cada incongruencia sonora



tes que ocupar o presente

co teu interno pasado vital



o teu maino paradoxo retrasado

vive das conxecturas escritas na túa fronte

xigante de neno orfo incomprendido



hai canto que non saes

que non falas coa xente



tiveches tempo dabondo

todo o tempo do mundo pra expiar o teu delicto

a autoagresión salvaxe

animal

insensible

o teu dano

a túa condena



e aí estás

deitado ignoranto a túa carne

o teu sexo

a opacidade dos teus ollos



claro que hai culpables



nós somos os verdugos

os sicarios perversos

os que provocamos a túa agonía

o fastío abúlico da túa rutina

o teu xesto desfasado



segue a bicar cos dentes os xeonllos

lambendo con celo a túa pel destinxida

agochándote da masa que che alimenta

xa verás como milloras

uiiiiii



xírome

non penso ollar máis pra el

aínda que non exista

non penso escoitalo

xa perderanse na seguinte porta as súas virtudes

agora está fechado o meu cuarto franqueable

pertence ao bébedo máis repudiado da sala

todos lle temen

ha

bótalle valor veña

bótalle merda a túa dialéctica

e bate coas aspas do esterco a túa docencia

agora que

quen é o inventor de conceptos irreais

fala merda señor

fala merda señor branco

0 comentarios: