cen

foi a última folla do paquete
o último ano
unha moeda
guerra

infindas conmemoracións absurdas
unha merda de emisora
gaivotas
paxaros
ceibes
voando

as tendas onde mercaba
esas puntas falsas das que colgaban os cadros con fotos
cen fotos
máis ou menos
ou o típico collage das carpetas forradas
cen
si
cen imaxes de revista

amareite cen anos

toda a vida

a miña
a túa

a soidade maís lonxeva
o total da cantidade
o cen por cen da soidade

os cen gramos que sempre excédense

1 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Hoxe púxenme a ler os teus post que tiña atrasados.
Neno tesme enganchada, gusto moitísimo do que escribes, non teño dúbidas de que chegarás lonxe.
Bicos.