ateismo

mañán cambio

doulle volta á pel

xa verás

vou ser o que ti queres que sexa

vou amarte como agora
pero de xeito artificial

coñecerei tamén o ingano
comprobarei o sabor da súa factura
da súa pel revirada
do seu pacto insensible

e despois salto

para caer de espaldas na infancia

para morrer da risa

para esquecerme de min e ser o que non sei ser

para fuxir desta pésima idea
gravada con ferro no cerebro

a felicidade non existe

deus non existe

eu non existo

1 comentarios:

Mar de lata disse...

Ti sempre fuches ateo¡¡Non troques amigo!!.
¿Onde está o libro que me ías agasallar? (jejeje non hai fallo agora estou lendo nos meus ratos libres Lóstregos do Neira Vilas).

Troquei as páxinas de subastas por poemas e o diñeiro por soledad.

Agardo impaciente por saber cal será o seguinte paso, a seguinte escada ata a morte ou resurrección.

¡¡Unha aperta!!

T*i*N