voluntario da nada

non sinto
as veces
máis ca o xeo da inspiración anegando a mesa
botando a perder
ese bordado agasallo de trapo

o sol
os raios mornos da tardiña
relaxan os poros inquedos
e sentir xa non importa

padezo inerte as sensacións

deíxome facer
sinxelo voluntario da nada
ata chegar á noite
cando repouso os ollos contra a parede
e escoito as conversas veciñas
cando poño a camiseta raiada de algodón con boliñas
e o cuarto faise familiar e pasado
cando das paredes colgan debuxos de lúas imperfectas
de noites de estrelas imposibles

0 comentarios: