os dentes cairon todos
de fame crise
arrecendo falso a hipocresía
de noite
os de leite
a lúa preñada de esterco
infecundo esterco brilante
atrapounos
coa estela branca da xanela
e fixo deles un colar
a cadea perpetua do teu insomnio
o anormal estado da túa mente
e chegas doutra volta
esgotado
irrecoñecíbel
extradamente delgado
e pensas
pero ti comes
bebes
fas algo polo teu corpo?
e repóndeste
pero ti durmes
falas
fas algo pola túa familia?
despois disposte
a dar outra volta
pra recoñecer os álamos inexistentes da alameda
disposto a escoitar a radio
recoller a cociña
sentar a ler un libro
roubar pilas pra o reloxo que leva tempo sen tempo
e polo que pasan as horas
sen ter consciencia delas
que ser máis insensíbel
que carencia emotiva
disposto a nada
pero sabes que roubáronche os dentes meu?
na seguinte volta
paséaste polo bordel sen portas
observando as mulleres sen vergonza
mentras elas sorríen fermosas e ceibes
na peceira da balea
e alí habitas o resto do día
fitando dende o banco
dende o ferro quente do estío
as noites
as mañás
devolvendo os sorrisos
cos teus beizos transparentes de auga
de mar azul
escasa
ábrome
0 comentarios:
Enviar um comentário