recorrer
en liña recta
o meu pasado
dentro do mar
ou fóra
dende a chaira de maio
cando pasei por ela deformada
e chegar ao comezo
ao principio
dentro da túa pel
ou fóra
cheguei
a ría cuspía cores ao ceo
525.000 metros
sen vidros nas portas
observando os pequenos remuíños
batendo aínda nas paredes da memoria
1 comentarios:
Ei!
Linte na Regueifa e moláronme os textos.
Parabéns :)
Saúdos de Betula
Enviar um comentário