todo o café rematou por riba da blusa
foi un acto reflexo
un impulso que levoume a empurralo contra a parede
alí ficou estampado combinando coa camisa
charlando coas pedras
debuxeille un marco e pasou anos coando por cadro
non podía asumir o feito de que precindisen de min
e esa foi a miña reacción
pero non quedou aí a cousa
fun ata a oficina
abrín a porta
empurrei á primeira persoa que atopei
e foi parar á parede do baño
alí ficou estampada combinando cos sanitarios
charlando cos mosaicos de azulexo
debuxeille unha billa e pasou anos coando por lavabo
deixei o aseo e entrei no despacho
bos días neno!
ola señor!
xa falaches co teu superior
con deus?
neno non vaias de listo que xa sabes o que hai
seino
e ti sabes o que hai?
antes de que repondera
espeteille a cara contra a mesa
logo grampeino polas orellas ao teito
debuxeille unha bombilla
e alí ficou estampado combinando coa lámpada
charlando coas moscas que voaban por riba da merda que lle caía
1 comentarios:
Está ben: a violencia como arte decorativo.
Enviar um comentário