O SINTO

preciso tempo pra me entender con isto
pásame tódalas facturas hoxe
cando poidas /digo eu
entón canto tempo levas

na oficina

agora intúo a herba cortada
dende esta cadeira
o cheiro dos fardos salgados dos que falabas
intúo o tempo perdido
o que puiden adicarte
o que caeume vergoña abaixo
polo costa do sol queimado

PERDÓN

O SINTO MOITO

o sinto cravado na dor de peito
que sempre volve logo da chuvia
cando as rúas sécanse coas sabas insomnes
e as percorro taciturno
coma as sombras dos farois
coma os carros que se aveciñan
pero nunca chegan

o sinto
perforando tamén os días
agochado entre a maleza do meu cabelo
deitado no faiado do mundo
onde todo aprendín

dende alí podíase ouvir o queixume das tellas
o arrecendo dos xeranios
o ferro lacado dos balcóns de pedra
o vento marcando o tempo nas xanelas

eu sego a quererte coma de neno
e boto en falta as túas mans de seda
molladas no xabón negro da túa roupa

preciso tempo pra me entender

0 comentarios: