O NENO SORRISO

alguén pasou por aquí.

agora xa non o vexo
pero o seu rastro perforou os vidros
facendo pequenos buratos perfectos.

as miñas xanelas son libres,
por elas corre o ar nas tardes de maio
agochándose entre os recunchos do meu embigo.

fanme cóxegas ate nos nocellos.

flúo dende o meu cuarto,
polo corredor minguante ,
ate o salón de aroma pintado
e ao fin podo verte.

eras ti...

espida,
envolvida en pétalos líquidos,
que cando agarimo corren pola pel lisa,
lisa e branquiña,
coma area no inverno,
a area que ninguén pisa.
ti e máis eu,
no mar calado,
ollando as ondas que sempre regresan...

alí ficamos na cadeira salgada,
na paisaxe máis fermosa...

os bicos do ar fixeron “arreboles” de cebola no horizonte.
un bico pra ti.

3 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Xa tiña ganas de coñecer o "neno sorriso", e g´´ustame tanto coma o outro o "congoxa".
un saudiño.

Anónimo disse...

Boas Neno congoxa ou sorriso. Coma Rifo gústame tanto un coma o outro.UN BICO(valdeorosa-rosa)

besbe disse...

este encántame :)