AS NOITES QUE PERFILARON O MEU ROSTRO

as noites que perfilaron o meu rostro
van caendo polo oco aberto do ascensor

sen ascensor

o edificio baleiro
as paredes laranxas con xeringas cravadas
o po que levántese
cando pasamos correndo cos brazos abertos

un debuxo en xiz branca
descúbreme o sexo da veciña que descoñezo
cando os meus dedos percorren o contorno
parándose na parte máis elocuente do seu corpo

berramos xuntos

ela ama a miña voz

o edificio baleiro tamén berra

multiplícase

emerxe da terra
creando copias idénticas

nun intre a soidade do edificio baleiro
síntese no corpo
e AS análogas pezas emerxen
estrangulando a pouca vexetación que xa quedaba

area
auga

OS bloques laranxas
con pequenos ocos onde gárdanse os segredos

sucios segredos que constrúen cidades

sucios carros os que viaxan por elas

(nada vou dicir dos condutores)

as noites que perfilaron o meu rostro
van caendo polo oco aberto do ascensor

sen ascensor

e unha pinga fura moi debagar a fronte
ate que no reflexo limpo
óllaste como o que es
como o que finalmente somos
o ausente oco de ascensor polo que ninguén viaxa

1 comentarios:

Son Unha Xoaniña disse...

Fermoso coma sempre, espero que teñas xa preparado un libriño para mandar as editoriais.
un saudiño.