NON AOS CARROS CON MEGÁFONOS

O esplendor dun día perfecto
caeume do alto do ceo
con toda a forza da gravidade
con todo o peso do mundo.
Polas costas cáenme estrelas,
unha noite escura e apagada,
o sal do mar roubado,
a terra húmida dun outono.

2 comentarios:

Anónimo disse...

Hola poeta¡ Aquí estou¡ Parecía que non viña pero... Nada de eso¡¡ Estou un pouco asfixiada correxindo exames. a MIN NUN DÍA ESPLÉNDIDO poden caerme rosas ou estrelas ou ganas... Ás veces se estou triste, non me cae nada. Encantoume, coma sempre.(valdeorosa-rosa)

Anónimo disse...

Hola¡ Sigo esperando que poñas outro poemiña coma este. Quizabes o tempo pechoute por uns días na súa gaiola. Estarei atenta e, GRAZAS POLA VISITA E POLAS TÚAS PALABRAS. Hai algo máxico na boa xente. Unha aperta poeta ¡
(valdeorosa-rosa)