Abriu a porta como tódolos días
,o aire era irrespirable,
as paredes comezaron a agocharse,
suadas, húmidas e borrachas,
non querían claridade.
O simple vento desa mañá despeiteaba o senso
anunciando un mal día por adiantado...
Isto condicionou os pasos posteriores:
erguerse, lavarse e pensar...
pensar que dicir cando chegue...
¿por que outra historia reiterada?
El non quería fuxir
quería enfrontarse,
berrar, cuspir, golpear forte o cemento,
sentir a súa man ardendo,
o seu corazón redobrando...
cada catro golpes...
un máis forte na face descomposta.
Abriu, como tódolos días,
o caixón das pílulas coa desesperación da fame,
simplemente ollounas,
pechouno de golpe.
Comezou o entrar o sol entre as cortinas,
entre os buratos de cigarro que formaron celosía,
el volveu a súa cama
,amarela e antes branca,
agarrando a lámpada con forza,
abrazouna, amouna, bicouna ,
fíxolle o amor sen folgos,
moi debagar...soñou con ela...
era o seu sol, a súa vida,
a súa morte.
Pechou, como tódolos días,
os seus ollos enfermos,
atou as súas bonecas ó cabeceiro,
escrutou a súa habitación con meticulosa paciencia
e cando atopou todo en orde
durmiu para erguerse outro día.
1 comentarios:
'Comezou o entrar o sol entre as cortinas,
entre os buratos de cigarro que formaron celosía,
el volveu a súa cama
,amarela e antes branca,'
gústame.
saiba que estou descarghando cerne
;)
Enviar um comentário