por iso afundíaste
mergullada na tristeza agrupada
formando ondas de lixivia
que escocían os ollos

por iso corrías
avanzando máis a cada paso
esquecendo as pezas usadas
o reloxo cravado na parede do cuarto

3 comentarios:

mariademallou disse...

que pracer volver por aquí e atopar cousas tan lindas. as fotos do post anterior son preciosas ;) apertas grandísimas !!!

Son Unha Xoaniña disse...

Xa había tempo que non viña por aquí, a verdade é que non teño moito tempo, mais sempre é un pracer ler os teus poemas.
Bicos.

Raposo disse...

Un pracer lerte, coma sempre.